“Vai de Camiño” presenta en Tui aos grupos de jazz “Abe Rábade Trío” e “Sumrrá”
A Consellería de Innovación e Industria ao través do Xacobeo, e a Concellería de Cultura presentan en Tui este sábado un concerto de Jazz no marco da iniciativa “Vai de Camiño” que promove a Xunta de Galicia nos Camiños de Santiago.
A praza de San Fernando acollerá o sábado, dende ás 23h, un concerto de Jazz a cargo dos grupo galegos "Abe Rábade Trío" e "Sumrrá" que presentarán composicións dos seus últimos traballos discográficos xunto a outros do seu repertorio, na meirande parte composicións propias, e amosarán ao público o bo nivel do jazz galego, recoñecido nestes grupos a nivel internacional.
Sumrráace no verán do 2001 do azar, da espontaneidade,e do capricho de Manuel Gutiérrez, piano, Xacobe Martínez
Antelo, contrabaixo, e Luis Alberto Rodríguez Legido, batería. Sumrrá ten un primeiro disco no mercado, gravado no ano 2002 e editado baixo título homónimo pola discográfica compostelá Madame Mir no 2003. Sumrrá traballa basicamente sobre composicións orixinais, o que facilita que o grupo se vexa inmerso nun proceso constante de retroalimentación creativa. No ano 2004 gravarón un segundo disco, cuxo repertorio xa está preparado e está poñéndose a proba en directo.
Teñen actuado no Festival Imaxina Sons en Vigo, no Filloa Jazz Club na Coruña, no Festiva PonteJazz de Pontevedra, en Santiago de Compostela, Ortigueira, Carballo, Betanzos, e no Festival UniversiJazz de Valladolid.
Venres, 25 de Agosto do 2006
|