EUSKARAZ · ESPAÑOL · FRANÇAIS · ENGLISH



ARTISTAS

NOTICIAS

CONCIERTOS

CONTRATACIÓN

DISCOGRÁFICA

TIENDA ON-LINE


Errabal (Jazz)

Blues

Literatura

Paper Hotsak

Bosgarren haria

Ilargiak baleki

Bloody Hotsak

Suscribirse al boletín


 Víctor Aneiros, Blues Power.
Hemeroteka
Víctor Aneiros, Blues Power.


XABI SANMARTÍN 26/09/03

X a vai camiño das tendas o chamado a ser o mellor disco de blues rock deste ano 2003 no mercado nacional. Baixo o título Live in montreaux, a discográfica basca Basque Country Blues Records vén de sacar o novo traballo de Víctor Aneiros. Leva vinte anos tocando blues con pingas de rock e facendo da súa estampa de guitarrista zurdo unha das imaxes máis frescas e vitalistas da música nacional. Aneiros sabe sacarlles proveito ás emocións e tensións deste recuncho chamado Galicia, toma iso, víveo e fai a súa particular visión do blues power.

¿Como nace esa conexión...?

Estiven actuando en Bilbao, gustou o que fixemos en vivo e falando dos plans dun novo disco comentáronme o proxecto deste novo selo. A distribución é por medio de Hotask, selo que xa leva tempo sacando traballos de blues e que ten boa distribución. Gustou a gravación do concerto que fixemos en Montreaux e... ¡adiante! Eles coñecían o meu anterior traballo e animáronme moito a sacar adiante este disco.

Imaxino que haberá presentacións en Galicia, ¿xa hai datas pechadas nesa liña?

Os días 14, 15 e 16 de outubro faremos unhas presentacións ante os medios de comunicación nas tendas da cadea Gong na Coruña, Santiago e Vigo. Logo, entre as cousas, que preparamos está o concerto do vindeiro 30 de outubro na Sala Capitol de Santiago. Trátase dun local novo moi recomendable para tocar e para desfrutar da música en vivo. Esa vai ser unha das presentacións oficiais deste novo álbum.

¿Como foi iso de chegar a un dos festivais con máis prestixio do mundo?

Xa tiña tocado coa miña banda na maior parte dos festivais importantes de España no tocante o blues como o de Cazorla ou o de Cerdanyola e tiñamos ganas de facelo fóra. Foron dúas actuacións en Montreaux, a primeira nunha homenaxe a B.B. King, na cal estaba o propio mestre recollendo o galardón. (Algo perfectamente reseñado no seu dossier de prensa. Un deses pressbooks que fai palidecer os das multinacionais, proba do coidado e as boas maneiras deste novo selo chamado BCBR.)

No disco hai versións sempre moi persoais e tamén temas teus...

Si, como fixera no anterior traballo Que el blues te acompañe hai cortes de bluesmen que me gustan como Stevie Ray Vaughn, Otis Rush ou Buddy Guy e unha adaptación miña en galego do clásico The sky is crying, logo outra miña chamada Non me deixes morrer aquí. No apartado dos chamados bonus track hai unha version de Chester Burnett e un tema instrumental meu chamado 7:30 AM.

Alegra ver cómo logo de moito pelexar, a túa música gaña recoñecemento. O teu anterior disco foi gabado en mil sitios e agora sae á luz este bo traballo e, como no conto... aínda hai máis.

Si, máis adiante vai saír un traballo de estudio con varios temas propios, algún deles xa están nesa premaqueta que mandei para que soara en La Ganzúa. Estamos traballando a reo todo o grupo, vai ser un disco que tamén vai saír por medio de Gaztelupeko Hotsak e Basque Country Blues Records, xente que traballa moi ben e que coida tanto a música como as cousas do deseño e da promoción. Todos, dende Manuel Gutiérrez que está no piano, a Marcos Sánchez na batería ou José Orjales, o baixista, temos agora moita ilusión nas presentacións en vivo deste Live in Montreaux que polo de agora está gustando bastante. E temos moitas máis cousas previstas á parte das presentacións en Galicia faremos outros concertos por toda a Península e gustaríanos tamén volver tocar noutros países. E, ben, sen esquecer que estarei facendo un pequeno concerto acústico en RADIO OBRADOIRO seguramente o luns 27 de setembro, tocarei algúns temas co novo dobre amplificador que acabo de mercar. Ou sexa, que nos vemos pronto nese directo do 30 de outubro no Capitol.


VICTOR ANEIROS BAND





Conciertos


Fotos


Hemeroteca


Trayectoria





Hemeroteca 2


Sitio web


ARTISTAS
· 7 SÓIS 7 LUAS
· BELCEBLUES
· BIDE ERTZEAN
· BLUEDAYS
· CONXITA
· COOL CIRCUS
· FESTIVAL ERRABAL JAZZ
· EL DOGHOUSE
· ESNE BELTZA
· GABY JOGEIX
· GAINSBOURG GAINBEGIRATUZ
· HOTSAK DANTZAN
· JIMMY BIDAURRETA
· JJBAND
· J.L.PARDO & THE MOJO WORKERS
· JERONIMO MARTIN TRIO
· JOSERRA SENPERENA
· JUAN DE DIEGO TRIO
· KANEVSKY
· KARELEAN
· KATAMALO
· KEMEN LERTXUNDI
· KEU AGIRRETXEA
· KOKEIN
· LOS CORONAS
· LOS REYES DEL K.O.
· MAMBA BEAT
· MARTA SANCHEZ TRIO
· MORAU
· OSTOLAZA ETA PUJANA
· PETTI
· ROGELIO BOTANZ
· SEÑOR NO
· SEXTY SEXERS
· SPECIAL 20
· SURFIN KAOS
· TAPIA ETA LETURIA
· TERELA GRADIN QUINTET
· THE BLIND LEMONS
· THUNDER EXPRESS
· TIGER! TIGER!
· TRES MIL HOMBRES
· TXUMA MURUGARREN
· UEK
· ...artista gehiago

Gaztelupeko Hotsak · Errabal, 23 · 20590 SORALUZE (Euskal Herria) · Tel.: +34 943 753 016
gaztelupeko@hotsak.com

EU EN FR


Webgune honek Eusko Jaurlaritzaren laguntza jaso du