EUSKARAZ · ESPAÑOL · FRANÇAIS · ENGLISH



ARTISTAS

NOTICIAS

CONCIERTOS

CONTRATACIÓN

DISCOGRÁFICA

TIENDA ON-LINE


Errabal (Jazz)

Blues

Literatura

Paper Hotsak

Bosgarren haria

Ilargiak baleki

Bloody Hotsak

Suscribirse al boletín


 sermos galegos fainos especialmente aptos para o blues
Hemeroteka 2
sermos galegos fainos especialmente aptos para o blues


A Víctor Aneiros Band: Non hai mellor letrista de blues que Rosalía


24.02.2008 El Correo Gallego

Será a saudade, ou a morriña, ou talvez o clima, mais o caso é que sermos galegos fainos especialmente aptos para o blues. Polo menos, esa é a opinión do músico ferrolán Víctor Aneiros. O bluesman patrio iniciou onte no Porto a xira de presentación do seu último disco Heroe Secreto. Integramente na lingua de Rosalía, o traballo mestura letras propias con insignes adaptacións de clásicos da literatura do país. Curros, Pimentel ou Amado Carballo póñenlle verso ao vello estilo musical afroamericano tocado desta volta desde Galiza por unha banda de xigantes da música que o día 29 poderemos escoitar na sala Breogain de Vigo

MARGA TOJO Pola esquerda, Marcos S. Yáñez, Manuel Gutiérrez, Víctor Aneiros e Xacobe Martínez Antelo

Non é herdeiro de escravos africanos. Non berrou no campo recollendo algodón, que saibamos. Nin sequera é negro. Moi pola contra naceu en Ferrol. Mais fai blues, en Galiza. E en galego. E iso non deixa de ser exótico. Porén, ao escoitalo, un dálle a razón sorprendentemente: temos unha lingua moi dotada para o blues. Ese rubor que incita o estilo en castelán ou en francés desaparece ao escoitar o ‘Soia’ de Rosalía cantado e musicado por Víctor Aneiros.

O bluesman galego iniciou onte en Porto a xira de presentación do seu último disco Heroe secreto, que acaban de tirar do prelo. O día 29 estará en Galiza, na sala Breogain de Vigo. Faino rodeado de músicos da altura de Manuel Gutiérrez, Marcos Yáñez e Xacobe Martínez, cos que montou a Víctor Aneiros Band.

A frase the blues fai referencia aos blue devils (espíritos caídos), Á tristeza. Unha das primeiras referencias a the blues pode atoparse na farsa Blue Devils, a farce in one act (1798) de George Colman . Posteriormente, durante o século XIX , esta frase foi usada eufemisticamente para facer referencia ao delirium trémens. A pesar de que a frase, na música afroamericana, poida ter un significado máis antigo testemuñouse que en 1912, en Memphis o músico W. C. Handy xa utilizaba (no seu tema Memphis Blues) o termo the blues para referirse a un estado de ánimo que os portugueses e os galegos denominariamos saudoso.

O blues evolucionou dunha música vogal sen acompañamento, interpretada por traballadores negros pobres, a unha gran variedade de subxéneros e estilos, con modificacións rexionais ao longo de todo Estados Unidos e, posteriormente, de Europa e África. As estruturas musicais e os estilos que están considerados hoxe día como o blues, así como na música country moderna, naceron nas mesmas rexións do sur de Estados Unidos durante o século XIX. Heroe secreto é canción negra feita por galegos. É negra sombra e metafísica rosaliana. Rompe coa falacia patriarcal da escritora chorona, ao tempo que ensina que o blues é moito máis que tristura.

A morriña fainos máis aptos para o blues?
Ser galego é moi de blues. O blues é unha música que non ten fronteiras, xa non é unha música americana. Nun principio si que o foi e utilizábano para reivindicar as súas cousas, pero hoxe en día xa non, porque ese espazo ocupouno por exemplo o rap. Esta é unha música universal.
Pasou o mesmo co rock e con outros estilos que naceron nos Estados Unidos, como o jazz, ou incluso o rap e o hip hop, que hoxe, ademais, conta con bos referentes na música galega, en Dios ke te Crew, por exemplo.

Si, pero no caso do blues vai especialmente ben con nós, coa forma que temos de ser os galegos. Ademais, o noso idioma préstase moito mellor que o castelán para ese tipo de música. É algo químico e rítmico moi diferenciado. E dígocho eu que fun educado no castelán. Ferrolán de cidade...

Si, palabras maiores. E que lle levou a mudar a lingua, desde Que el blues te acompañe (1999), onde só había un par de temas en galego até o Blues do amencer (2004), íntegramente no idioma?
O blues do amencer eran temas propios cantados en galego. Está moi ben o blues en inglés, pero para iso xa están eles que o fan moito mellor. A única forma que nós temos de competir con iso é facelo a partir das nosas propias vivencias, da nosa propia maneira de ver o mundo. O blues é un estado de ánimo, unha maneira de sentir. Todos estamos de acordo niso, non? Por iso acho que non hai nada mellor que facelo na lingua nai da terra.

En fin, Eric Clapton dicía que o blues non é máis que un home bo sentíndose mal. É unha boa definición. Tamén eu lle diría outra da que gosto moito: O blues é esa canción que tocas na parte de atrás da casa.

Moi do vello blues.
E tamén me interesa a famosa frase que dicían naquela película, bastante comercial por outra banda, baseada na historia de Robert Johnson que vendía a súa alma ao diaño para facerse famoso.

Refírese a Oh Brother, dos irmáns Coen?
Esa. Na película preguntábanlle: “Que é para ti o blues?” E el dille: “É cando te lembras daquela moza que marchou e ti estás só”. Hai moitas definicións, pero debemos subliñar que o blues non é só tristura.

A saudade e a melancolía non teñen por que ser exactamente tristes.
Claro, o blues é un estado de ánimo moito máis complexo e con moitos máis matices.

Pero hai letras moi tristes en Heroe secreto, como a de Miña bala perdida.
Esa si que é unha letra triste. Moi triste. Cando a soidade toma copas soa nun bar. Os clásicos de soidades e tristuras.

Usar a Curros Enríquez como letrista de blues debe ser unha experiencia peculiar.
Pois creo que os clásicos das letras galegas callan moi ben no estilo. Un tema tan manido como o de ‘Unha noite na eira do trigo’, tan ligado á música galega que podiamos consideralo o verdadeiro himno de Galiza, funciona perfectamente para o blues. E é que se analizas o tema decátaste de que é xa un Blues en si.

E Rosalía e moi bluseira?
Pois acho que tras escoitar ‘Soia’ cheguei a pensar que non hai mellor letrista de blues que Rosalía. Máis blues que iso non hai. Estamos a falar dun galego decimonómico que non modifiquei en absoluto e a letra entrou na música e a música na letra como se estiveran feitas para estaren xuntas.

Presentan o disco en Portugal. Como ve a relación luso-galega? Seguimos de costas?
Eu véxoa moi ben. Nós xa fomos varias veces a festivais de Portugal. O primeiro foi hai tres anos e a xente sempre respondeu de marabilla. O ano pasado estivemos con Coco Montoya, unha estrela do blues e o público respondeu tan ben con nós como con el. E o propio Coco Montoya veu ao final a felicitarnos. E que veña un ianqui a che dicir que tocas blues con moito corazón é un eloxio inmenso. O que nos pasa aos galegos é que non valoramos o que temos e o que somos. E, o que é peor, penso que non hai nada que facer porque é a nosa condición. Somos derrotistas. Calquera cousa parécenos mellor que o noso, cando aquí hai cousas interesantes e de gran calidade. Ás veces ten que vir alguén de fóra a lembrarnos que somos bos. Vai con nós e é un pouco irremediábel.

E o panorama en Galiza vai mellorando?
Mellora, si. Están os clásicos de sempre, os Miki Nervio, uns bos amigos, pero tamén hai xente nova facendo blues. E a todo isto axuda que Galiza comeza a contar cun circuíto de música e máis movemento. Empézase a valorar a música. Os músicos que están comigo, por exemplo, teñen unha traxectoria excelente. Agora nótase que o problema principal viña de quen estaba antes no goberno.

Nota un gran cambio?
Vai lento, para que nos imos enganar, pero pouco a pouco vanse facendo proxectos interesantes.

Recoméndenos un local en Galiza?
Destacaría o Manteca Jazz de Vigo, porque ten unha programación boa, trata ben os músicos e goza dun encanto especial.

Cando á Big Band de Dizzy Gillespie se incorpora o percusionista cubano Chano Pozo, créase a primeira Gran Orquestra que compón, interpreta e grava Jazz Latino. Da colaboración destes dous grandes músicos xorde o que daquela foi un grande éxito e hoxe converteuse nun dos estándares deste xénero máis versionado: Manteca. A sala Manteca Jazz é unha homenaxe a estes e a todos os músicos, e especialmente á música en directo.

A forma orixinal das letras de blues consistiu, probablemente, nunha única liña repetida tres veces. Máis adiante, a estrutura actual, baseada nunha única repetición dunha liña seguida por unha liña final, converteuse en estándar. Estas liñas adoitaban ser cantadas seguindo un patrón máis próximo a unha conversación rítmica que a unha melodía.

Os primeiros blues, con frecuencia, tomaban a forma dunha narración a cal adoitaba transmitir mediante a voz do cantante as súas penas persoais nun mundo de crúa realidade: “un amor perdido, a crueldade dos axentes de policía, a opresión dos brancos e os tempos difíciles”. Gran parte dos blues máis antigos conteñen letras máis realistas a diferenza da maioría da música popular que se gravaba por aqueles tempos; por exemplo, a canción Down in the Alley de Memphis Minnie, trata sobre unha prostituta que mantén relacións sexuais cun home nunha ruela.

Este tipo de música denominouse gut-bucket blues, un termo que fai referencia a un instrumento musical caseiro fabricado a partir dun cubo de metal que se utilizaba para limpar os intestinos dos porcos para preparar chinchulín (un tipo de comida que se asociaba coa escravitude). Os blues gut-bucket adoitaban ser depresivos e trataban acerca das relacións ásperas e difíciles, da mala sorte e dos malos tempos; debido a este tipo de cancións, e ás rúas onde se interpretaban, a música blues adquiriu mala reputación, chegando a ser criticada por predicadores e fregueses.

Malia que o blues adoitaba asociarse con miseria e opresión, tamén pode adquirir tinguiduras cómicas ou humorísticas, e en moitos casos, connotacións sexuais: Rebecca, Rebecca, get your big legs off of me/ Rebecca, Rebecca, get your big legs off of me/It may be sending you baby, but it’s worrying the hell out of me.

No caso do tema Unha noite na eira do trigo incluído en Heroe Secreto, a letra de Curros Enríquez aparece sorprendente como un blues de desacougo e tristura: No xardín unha noite sentada/ao refrexo do branco luar,/unha nena choraba sin trégolas/os desdés dun ingrato galán./I a coitada entre queixas decía:/“Xa no mundo non teño ninguén,/vou morrer e non ven os meus ollos/os olliños do meu doce ben”./Os seus ecos de malenconía/camiñaban nas alas do vento,/i o lamento/repetía:/“¡Vou morrer e non ven ao meu ben!”

Aneiros inicia a súa andaina polos anos 80 colaborando con distintas formacións de rock (Blancanieves, 39 Escalones ou Terminal Norte). O paso definitivo foi o momento en que decidiu formar a súa propia banda, Víctor Aneiros & Blue Notes. O seu traballo fusiona o blues clásico coas novas tendencias sen perder o esencial do estilo ao que pertence. A mediados dos 80, Roberto Leal –actor e director teatral arxentino– chámao para que compoña a música de ‘Eche veinte centavos en la ranura’. Nos 90 forma xunto á cantante canadense Julie Guravich Acceso Norte. E despois dun longo percorrido, en marzo do 99, coa colaboración do pianista Fran Rey (Julie Guravich Quartet) e Pablo Barreiro (técnico de son) grava na Radio Galega Que el blues te acompañe, editado en xullo do 2000 por Cambayá Records e distribuído por Alía discos.

Do mesmo xeito que o jazz, o rock and roll, o heavy metal e o hip hop, o blues foi acusado de ser a música do diaño e de incitar á violencia e a todo tipo de comportamentos delituosos. Hoxe en día, o blues é un dos principais compoñentes da cultura afroamericana e da herdanza cultural estadounidense en xeral. Películas como Sounder, The Blues Brothers, Crossroads e Oh Brother, Where Art Thou? reflicten a súa importancia. En concreto, as películas de The Blues Brothers, nas cales se mesturan varios xéneros musicais relacionados co blues, tiveron un grande impacto na imaxe da música dun estilo musical ao que lle gustan as culturas saudosas e das persoas que cantan na parte de atrás das casas.


VICTOR ANEIROS BAND





Conciertos


Fotos


Hemeroteca


Trayectoria





Hemeroteca 2


Sitio web


ARTISTAS
· 7 SÓIS 7 LUAS
· BELCEBLUES
· BIDE ERTZEAN
· BLUEDAYS
· CONXITA
· COOL CIRCUS
· FESTIVAL ERRABAL JAZZ
· EL DOGHOUSE
· ESNE BELTZA
· GABY JOGEIX
· GAINSBOURG GAINBEGIRATUZ
· HOTSAK DANTZAN
· JIMMY BIDAURRETA
· JJBAND
· J.L.PARDO & THE MOJO WORKERS
· JERONIMO MARTIN TRIO
· JOSERRA SENPERENA
· JUAN DE DIEGO TRIO
· KANEVSKY
· KARELEAN
· KATAMALO
· KEMEN LERTXUNDI
· KEU AGIRRETXEA
· KOKEIN
· LOS CORONAS
· LOS REYES DEL K.O.
· MAMBA BEAT
· MARTA SANCHEZ TRIO
· MORAU
· OSTOLAZA ETA PUJANA
· PETTI
· ROGELIO BOTANZ
· SEÑOR NO
· SEXTY SEXERS
· SPECIAL 20
· SURFIN KAOS
· TAPIA ETA LETURIA
· TERELA GRADIN QUINTET
· THE BLIND LEMONS
· THUNDER EXPRESS
· TIGER! TIGER!
· TRES MIL HOMBRES
· TXUMA MURUGARREN
· UEK
· ...artista gehiago

Gaztelupeko Hotsak · Errabal, 23 · 20590 SORALUZE (Euskal Herria) · Tel.: +34 943 753 016
gaztelupeko@hotsak.com

EU EN FR


Webgune honek Eusko Jaurlaritzaren laguntza jaso du