Hemen zaude: Hasiera Artistak Victor Aneiros Band Musikariak

Musikariak

Manuel Gutiérrez nace en Ferrol en 1963. Entra na Víctor Aneiros Band no ano 2000. Estuda no Conservatorio da Coruña, e complementa de forma autodidacta a súa formación con numerosos seminarios, master classes e cursos por todo o territorio nacional con xente como Bill Dobbins, Dave Schinetter, Barry Harris, Joan Enseñat, etc.
Profesionalmente no parou desde moi novo, o que lle levou a desenvolver o seu labor como pianista, profesor, arreglista e compositor a través de formacións, estilos e latitudes xeográficas. Getxo, Madrid, Montreaux, Barcelona, Mallorca, Galicia, Jazz, Blues, Folk, Música Tradicional, Dixie, Música de Autor, Bandas Sonoras, etc. deron pé a unha infinidade de colaboracións que callaron noutras tantas xiras, actuacións e gravacións.

Marcos S. Yáñez nace en Ferrol en 1977. Entra a formar parte de VAB en 2001. Tras un período inicial autodidacta comeza a súa formación académica en 1998, na especialidade de percusión clásica, obtendo o título de Grao Superior no Conservatorio de Sevilla no ano 2003.
Durante eses anos compaxina o estudo clásico coa dedicación esencialmente autodidacta á batería e forma parte de proxectos musicais estilísticamente dispares, como bandas de covers (McKuin, Riff Raff), rock progresivo (Labyrinthus, Trece), Big Bands (Conservatorio de Viveiro, Conservatorio de Ferrol), gospel (coro Albae Sonus) ou pop.
Máis recientemente, traballou como profesor e participou en varias grabacións, como "Entre dous mares", de Rosa Cedrón e "Xeitos de romper unha onda", de Andrés Suárez, producida por Tontxu. Na actualidade, ademais de formar parte de VAB, traballa coas bandas dos cantautores Andrés Suárez e Silvia Penide e cursa o último ano de Historia e Ciencias da Música na Universidade da Rioxa.

Víctor Gacio entrou a formar parte da Víctor Aneiros Band no 2008. Naceu en Ferrol en 1971. Aínda que a súa formación como baixista é totalmente autodidacta, estudou no conservatorio de Ferrol onde fixo solfexo e, tras pasar por varios instrumentos, finalmente decídese polo baixo.
Do mesmo xeito que o resto da banda, acumula experiencia nunha gran variedade de estilos musicais, tanto en directo como en estudo, e formou parte de distintas bandas (El Último Gato, Rosa Cedrón, Durango Express, Andrés Suarez, etc…) Na actualidade compaxina o seu labor de baixista co seu traballo no campo da produción e o son no seu estudo de grabación.