unha forma natural de facer música
Manuel Gutierrez: Piano Xocobe Martínez: Contrabaixo L.A.R. Legido: Batería
**Sumrrá** naceu no verán do 2001, como consecuencia dunha serie de contactos dos tres implicados en numerosas jam sessions. Dende o primeiro momento xurde unha forma natural de acoplarse, de crear, de facer música, polo que podría decirse que Sumrrá nace do azar, da espontaneidade e do capricho… Sumrrá nace libre, e segue libre.
A formación ten un primeiro disco no mercado, que foi gravado no ano 2002 e editado baixo título homónimo pola discográfica compostelana Madame Mir no 2003. **Sumrrá** traballa basicamente sobre composicións orixinais, o que implica que o grupo está inmerso nun proceso constante de retroalimentación creativa: da composición á interpretación, de esta a aquela, da grabación ao directo, de este a aquel. Na primaveira deste ano 2005 veñen de gravar o seu segundo disco, cuxo repertorio está xa preparado e poñéndose a proba en directo.

