EUSKARAZ · ESPAÑOL · FRANÇAIS · ENGLISH



ARTISTAK

ALBISTEAK

KONTZERTUAK

KONTRATAZIOA

DISKOETXEA

DENDA


Errabal (Jazz)

Blues

Literatura

Paper Hotsak

Bosgarren haria

Ilargiak baleki

Bloody Hotsak

Harpidetu boletinera


 Los Reyes del K.O., o blues si vende
Hemeroteka
Los Reyes del K.O., o blues si vende


OS GALEGOS TOCAN HOXE EN VILAGARCÍA DE AROUSA E MAÑÁ NA CORUÑA PARA PRESENTAR UN SOBERBIO DISCO EDITADO EN FERMOSO DIGIPACK E CHEO DE MÚSICA NEGRA, QUENTE E CANALLA

Xabier Sanmartín. Santiago

Para facer milagres na música abondan dúas cousas. Primeiro, ser músicos e segundo... ¡ter sorte! É o caso de Marcos Coll (harmónica) e Adrián Costa (voz e guitarra), xefes de Los Reyes del K.O. Grupo de blues que completan o baixo e o batería de La Vacazul.

Estes dias... volta á terra.
(Marcos) Si, xa tiñamos ganas porque Galicia e terra de blues, de carallada e de músicos. Se queres ser músico profesional tes que estar deixando a pel nunha gran cidade e no noso caso xa hai cino anos que estamos en Madrid. Alí estamos guai pero... nada como Galicia e sobre todo Santiago. Antonte tocamos en Lugo, onte en Santiago e hoxe estaremos en Vilagarcía e mañá na Coruña.

Estades a obrar a milagre de que un disco de blues se vendese.
Case que si... (botan risos); á xente estalle gustando o disco porque din que é moi variado e esa era a nosa idea. Hai temas nosos que teñen gotas de funk, outros son de blues lentiño, outros con máis ritmiño, algunha versión pero non feita do xeito habitual... E logo que temos sorte de editar o disco co selo vasco Gaztelupeko Hotsak que edita o disco en formado Digipack, cun deseño moi coidado que tamén axuda. A crítica fala moi ben de nós, a xente vai ós concertos e ademais por medio da páxina web www.losreyesdelko.com estamos a ver discos e a contactar con moita xente para tocar no verán.

Marcos, ti tocaches con Taylor, ex Rolling Stone... ¿non?
Cando estivo de xira pola Península a banda de Tonkie de la Peña ía con el e eu dentro dela... É xente moi normal, as lendas que contan desta xente son moi esaxeradas aínda que teño que dicir que Taylor é un tolo da augardente. O mesmo que Buddy Miles, batería do grupo de Hendrix, é un tolo do chocolate...

¿Que tal van os directos da banda?
Estamos a tocar por toda a Penísnula unha media de catro ou cinco días por semana dende hai meses e esa é a mellor resposta que cabe ter cando sacas un disco. A xente pasa todo o concerto bailando, aínda que tamén facemos algunha peza lenta. De feito o blues, o blues xenuíno é o blues lento, aínda que ningún artista de blues fai un disco enteiro nese plan. O blues ten moitas caras e iso tratamos de plasmalo no disco e nos concertos. E iso á xente gústalle...

Lembrando o acústico que fixestes en Radio Obradoiro, daba a sensacion de que sodes capaces de soar ben ata debaixo da auga...
(Adrián) Temos chupadas moitas noites facendo jam ata as tantas da mañá. Xa cando estabamos en Santiago o faciamos, é a maneira de aprender, tocando, tocando e tocando, é a única maneira.

¿Pensades que tería éxito en Galicia un festival de blues?
Por suposto. E Santiago de Compostela sería o sitio ideal... podería facerse con concertos, ciclos de cine, master-class. É unha música que gaña moito cando se fai en directo, e contando cos galegos que facemos blues e un cartel que teña algún guitarrista ianqui, eu penso que haberia moito público. Hai unha morea de festivais pola Península.

¿A clave do voso bo momento pode ser un blues cun carácter moi canalla?
(Risos sen fin, fala Marcos) Home... onte mesmo chegounos un e-mail dende Bilabo logo de tocar alí, e un tal Aitor dicía que o sorprenderamos porque somos xente moi sensible coa música, aínda que polas pintas pensou que eramos uns caralláns simplemente.


LOS REYES DEL KO





Kontzertuak


Ibilbidea


Argazkiak


Hemeroteka


Webgunea


ARTISTAK
· 7 SÓIS 7 LUAS
· BELCEBLUES
· BIDE ERTZEAN
· BLUEDAYS
· CONXITA
· COOL CIRCUS
· ERRABAL JAZZ JAIALDIA
· EL DOGHOUSE
· ESNE BELTZA
· GABY JOGEIX
· GAINSBOURG GAINBEGIRATUZ
· HOTSAK DANTZAN
· JIMMY BIDAURRETA
· JJBAND
· J.L.PARDO & THE MOJO WORKERS
· JERONIMO MARTIN TRIO
· JOSERRA SENPERENA
· JUAN DE DIEGO TRIO
· KANEVSKY
· KARELEAN
· KATAMALO
· KEMEN LERTXUNDI
· KEU AGIRRETXEA
· KOKEIN
· LOS CORONAS
· LOS REYES DEL K.O.
· MAMBA BEAT
· MARTA SANCHEZ TRIO
· MORAU
· OSTOLAZA ETA PUJANA
· PETTI
· ROGELIO BOTANZ
· SEÑOR NO
· SEXTY SEXERS
· SPECIAL 20
· SURFIN KAOS
· TAPIA ETA LETURIA
· TERELA GRADIN QUINTET
· THE BLIND LEMONS
· THUNDER EXPRESS
· TIGER! TIGER!
· TRES MIL HOMBRES
· TXUMA MURUGARREN
· UEK
· ...artista gehiago

Gaztelupeko Hotsak · Errabal, 23 · 20590 SORALUZE (Euskal Herria) · Tel.: +34 943 753 016
gaztelupeko@hotsak.com

ES EN FR


Webgune honek Eusko Jaurlaritzaren laguntza jaso du